NON VAIAS Á CLASE


Hoxe varios grupos de 1º de bacharelato asistiron á proxección dunha curtametraxe titulada “Non vaias á clase”, realizada por profesorado e alumnado do instituto de  Pontecesures. Ó finalizar  a curta o director e guionista, Enrique Villanueva, entablou un diálogo cos alumnos acerca do significado da obra, do que eles entenderan e do que el quería transmitir. Animounos a facer pequenos traballos de cine cos seus medios e con moita imaxinación. 



Alumnos/as atentos á curta 
Co autor da curta

Comentarios