Entradas

Día do libro, 23 de Abril

Imagen
Celebramos o Día do Libro coa exposición de microrrelatos e dos marcapáxinas realizados polo alumnado de 1º e 2º da ESO. Ademais recorderamos os 150 anos da publicación de "Alicia no país das marabillas", os cincocentos anos da publicación da segunda parte de "O Qixote" e o centenario de "A metamorfose" de Kafka, con lecturas nas aulas sobre estas obras.  Para ver as fotos entra en bibliobatea .

Enormic Banda

Imagen
Un curso máis convocámosvos a participar coas vosas creacións na revista de banda deseñada dos centros de ensino da Comarca do Salnés. A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés editará un número máis da revista Enormic Banda cos traballos seleccionados. Tedes aínda ata o 24 de Marzo para presentar as vosas creacións.  Animádevos.

Entroido 2015

Celebramos o Entroido cun concurso de disfraces por aula sobre "historias da literatura" con por exemplo, As crónicas de Narnia ou Charlie e a fábrica de chocolate , un concurso de caroutas divertidas e moi traballadas, e o tradicional desfile de disfraces con premios individual, de parella e de grupos. Parabéns a todos polos imaxinativos disfraces, as curradas coreografías e posta en escena, e o bo humor!!!

A Esmorga

Imagen
Este xoves, parte do alumnado de 2º Bacharelato desplazouse ao cine de Caldas para ver "A Esmorga" , película adaptada do guión da novela de Eduardo Blanco Amor , producida por Vía Láctea Filmes e dirixida por Ignacio Vilar . A película está nominda aos Goya deste ano por mellor guión adaptado (Carlos Asorey e Ignacio Vilar), crucemos os dedos a ver se hai sorte, o cine galego meréceo. Nós dende logo, disfrutamos moito da tarde de cine.

Falando da sùa obra e de moitas cousas máis con Caride

Imagen
Disfrutamos moito coa charla e a conversa con Ramòn Caride. As integrantes do Club de Lectura anìmamonos a ler outra das sùas obras, "Soños elèctricos". Garcias a tod@s por asistir, ao profesor Manuel Busto e ao noso convidado.

Charla con Ramón Caride

Imagen
Comezamos as charlas científico-literarias deste curso con Ramón Caride, que este xoves 29 de Xaneiro virá a conversar co alumnado de 1º de Bacharelato. Ramón Caride é autor dunha gran cantidade de literatura infantil e xuvenil, poesía, relatos e moito máis, e coñecido por nós sobre todo pola súa novela "Sarou" , da que poderemos charlar e compartir impresións nesta charla. Esta novela, ambientade na comarca de nome Sarou, reflexa a vida das xeracións perdidas, da reconversión dos vellos oficios e do narcotráfico. Algunhas das novelas ou libros de relatos de Ramón Caride, están ilustrados por debuxantes tan afamados como Miguel Anxo Prado ou Manuel Busto. As integrantes do Club de Lectura de A Basella, estivemos a ler "Endogamia 0.2" , un libro de relatos de Caride ilustrado por Manuel Busto (que ademáis é o profesor de Educación Plástica e Visual do noso instituto) así que aproveitaremos tamén para comentar con eles as nosas impresións.

XXI Certame de Adhesivos. ASÌ FALAMOS NÒS.

Imagen