Entradas
Xogo de pistas pola lingua
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
De
ra
-
A celebración do Día das Letras Galegas foi todo un éxito. Equipos de alumnado de 1º da ESO do Faro das Lúas e A Basella, percorreron as rúas de Vilanova buscando en lugares emblemáticos da vila, as pistas para construír o lema "A lingua galega é o noso tesouro" . Gracias a tod@s @s profesor@s e alumn@s por un día tan especial e noraboa ao equipo gañador.
Letras Galegas 2015
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
De
ra
-
Para celebrar o Dìa das Letras Galegas temos organizadas un montòn de actividades que esperemos disfrutemos moito. Este venres 15 de Xaneiro o alumnado de 1º da ESO do noso instituto e do Faro das Lùas, participará nun xogo de pistas pola vila. Xogaremos por equipos mixtos (dos dous institutos), cada equipo levarà un lema en defensa da lingua, e seguindo as pistas atoparemos en lugares emblemàticos do noso pobo, a clave para averiguar a frase coa que gañaremos o xogo. O equipo que dé coa clave màis rapidamente recibirà uns agasallos. Sorte a tod@s. Do 18 ao 22 de Maio celebraremos a Semana Cultural no instituto, haberà exposiciòns de pinturas e traballos sobre dous ilustres Galegos Emigrados (Seoane e Castelao), ciclo de curtas, e actividades na biblioteca (como o "aconséllame algo"). Faremos unha busca do tesouro con preguntas sobre o homenaxeado deste ano das Letras Galegas, Xosé Filgueira Valverde , sobre Castelao e Seoane, e outros escritores e artistas ga...
Día do libro, 23 de Abril
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
De
ra
-
Celebramos o Día do Libro coa exposición de microrrelatos e dos marcapáxinas realizados polo alumnado de 1º e 2º da ESO. Ademais recorderamos os 150 anos da publicación de "Alicia no país das marabillas", os cincocentos anos da publicación da segunda parte de "O Qixote" e o centenario de "A metamorfose" de Kafka, con lecturas nas aulas sobre estas obras. Para ver as fotos entra en bibliobatea .
Enormic Banda
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
De
ra
-
Un curso máis convocámosvos a participar coas vosas creacións na revista de banda deseñada dos centros de ensino da Comarca do Salnés. A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés editará un número máis da revista Enormic Banda cos traballos seleccionados. Tedes aínda ata o 24 de Marzo para presentar as vosas creacións. Animádevos.
Entroido 2015
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
De
ra
-
Celebramos o Entroido cun concurso de disfraces por aula sobre "historias da literatura" con por exemplo, As crónicas de Narnia ou Charlie e a fábrica de chocolate , un concurso de caroutas divertidas e moi traballadas, e o tradicional desfile de disfraces con premios individual, de parella e de grupos. Parabéns a todos polos imaxinativos disfraces, as curradas coreografías e posta en escena, e o bo humor!!!
A Esmorga
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
De
ra
-
Este xoves, parte do alumnado de 2º Bacharelato desplazouse ao cine de Caldas para ver "A Esmorga" , película adaptada do guión da novela de Eduardo Blanco Amor , producida por Vía Láctea Filmes e dirixida por Ignacio Vilar . A película está nominda aos Goya deste ano por mellor guión adaptado (Carlos Asorey e Ignacio Vilar), crucemos os dedos a ver se hai sorte, o cine galego meréceo. Nós dende logo, disfrutamos moito da tarde de cine.