O 16 de Febreiro temos como convidado no instituto a Diego Ameixeiras . As/os alumnas/os de bacharelato terán a oportunidade de preguntarlle pola súa obra, falar sobre novela negra ou narrativa contemporánea e aprender algo sobre "cómo se constrúe unha novela". Diego Ameixeiras é xornalista e escritor. Ten publicadas cinco novelas. "Baixo Mínimos" (2004), "O cidadán do mes" (2006), "Tres segundos de memoria" Premio Xerais 2006, "Dime algo sucio" (2009) e "Asasinato no Consello Nacional" (2010). Ademáis colabora para diferentes xornais e revistas e traballa como guionista en series como "Matalobos" e filmes como "18 comidas". O 24 de Marzo Ángel Carracedo dará no noso instituto unha charla sobre "Xenética e Xenómica. Para qué sirve hoxe en día". Ángel Carracedo traballa no campo da xenética aplicada, principalmente en xenética forense da que é un recoñecido especialista a nivel mund...