19 Febreiro: xeoloxía e cine, en galego.

O próximo martes 19 de Febreiro temos unha dobre cita, a Olimpiada de Xeoloxía na súa fase galega en Vigo (participarán 12 alumn@s de 4º ESO e 1º Bach), e cine, o alumnado de 1º de Bacharelato asistirá ao Auditorio de Vilagarcía para ver a película Vilamor e charlar co director e os actores.


Comentarios