Enormic Banda curso 2015-2016

Un ano máis convocámosvos a participar coas vosas creacións na revista de banda deseñada da Comarca do Salnés Enormic Banda. A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística editará cos traballos seleccionados revistas que repartiremos polos centros de ensino. Anímate a participar . Os traballos deberán ser dunha ou dúas carillas en cor ou en branco e negro. Tendes ata o 12 de Abril para entregar os vosos cómics.