Aquel-e Youtuber galego e a Galiza Pop

O pasado luns 25 de febreiro visitounos o youtubeiro Miguel Silva, máis coñecido polo pseudónimo Aquel-e para falarnos do presente e do pasado da Galiza Pop . Intentou achegar ó alumnado de 1º de bacharelato, con ironía e humor, información de cancións e grupos en galego que fixeron historia. Así mesmo animou ó alumnado para que deixe de lado posibles prexuízos e se interese pola produción galega e que vexan que hai grupos galegos actuais que lles van gustar. Moitos alumnos/as sorprendéronse de que houbera grupos que facían música en galego que lles poderían interesar.