O 12/12/12 ás 12.00h. recitamos a Celso Emilio



A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística convídanos a participar nun acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro. Celebramos así o centenario do nacemento do poeta celanovés, voz fundamental da literatura galega.

Dios ke te crew versionando o poema.

O grupo Borderline79, do que dous dos seus integrantes son compañeiros da Basella, versiona tamén este poema. Parabéns polo fermoso traballo.



Comentarios