Día das Artes Galegas 2017: Maruxa Mallo

A Real Academia Galega de Belas Artes adica este ano o 1 de Abril, Día das Artes Galegas, á pintora Maruxa Mallo, polo seu legado nas artes, a súa integración nas vangardas, o seu carácter transgresor e de defensa dos dereitos da muller.

O alumnado de Plástica do instituto homenaxeará á artista cunha exposición de pinturas nas que interpreta parte da súa interesante obra, e que expoñeremos nos corredores do centro.


Comentarios