Somos uns/unhas Artistas

Dous alumnos do centro resultaron premiados no XXV certamegráfico pola normalización lingüistica no Concurso de Adhesivos. Este ano o lema era "As cores da nosa lingua" A alumna de 2º de ESO, Aitana Vaamonde Armas , acadou o segundo premio na súa categoría cunha magnífica reinterpretación dunha "Verbena" de Maruxa Mallo. Toda unha festa de cores!. O alumno de 1º de ESO, Santiago Ínsua González , foi finalista na súa categoría e polo tanto tamén estará na exposición que percorrerá os distintos centros que participaron neste certame. A súa obra está baseada nun dos cadros que o eterno Castelao fixo sobre a figura dos cegos. Sóbranlle razóns ó seu lema! Parabéns ós dous e a todos os que participaron Aquí os nosos artistas recibindo un pequeno agasallo polo seu bo traballo