CHARLA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

  

A TERRA ESTÁ NAS NOSAS MANS

 

Iso foi o que nos dixo, este venres 8 de febreiro,  o doutor en química inorgánica e divulgador científico Manuel Vicente. Mediante xogos e algún que outro experimento, CO2 en xeo!, explicounos as principais causas que provocan o cambio climático e as súas  graves consecuencias: se segue aumentando o nivel do mar as nosas praias desaparecerán, moitas especies se extinguirán, o clima cambiará, ... Falounos tamén dos distintos intereses creados que intentan poñer en dúbida o que din os científicos. Non hai máis que ver a Trump!





 O alumnado de 3º de ESO gozou da charla, reflexionou,  e sacou conclusións do difícil camiño que aínda nos queda por percorrer se en verdade queremos salvar o noso planeta. 
 

  

Comentarios