O galego e a ciencia

Este xoves o alumnado de 2º de bacharelato recibiu a visita de Iria Veiga, na rede “A raíña vermella”, médica especialista en psiquiatría e divulgadora científica. Iria falounos dos presuntos privilexios ou prestixio que ten ou lle damos ó castelán no ámbito científico: non hai máis que ver o trato lingüístico das materias de ciencias no ensino secundario, a predominancia da divulgación e de divulgadores que empregan esta lingua, da enorme diferenza de publicacións científicas en unha e outra lingua, en definitiva dos recursos. Pero non todo son malas noticias para o galego, Iria falounos dos grandes científicos e divulgadores que temos: como o experto en xenética Ángel Carracedo ou Xurxo Mariño, doutor en bioloxía que investiga en neurobioloxía, Manuel Vicent doutor en Química Inorgánica e director do programa de radio Efervesciencia, Deborah García Bello, - por certo, todos eles xunto con Iria, xa deron charlas no noso centro-;...