O galego e a ciencia


 


Este xoves o alumnado de 2º de bacharelato recibiu a visita de Iria Veiga, na rede “A raíña vermella”, médica especialista en psiquiatría e divulgadora científica. Iria falounos dos presuntos privilexios ou prestixio que ten ou lle damos ó castelán no ámbito científico:  non hai máis que ver o trato lingüístico das materias de ciencias no ensino secundario, a predominancia da divulgación e de divulgadores que empregan esta lingua,  da enorme diferenza de publicacións científicas en unha e outra lingua, en definitiva dos recursos. 

 

Pero non todo son malas noticias para o galego, Iria falounos dos grandes científicos  e divulgadores que temos:  como o experto en xenética Ángel Carracedo ou Xurxo Mariño, doutor en bioloxía que investiga en neurobioloxía, Manuel Vicent doutor en Química Inorgánica e director do programa de radio Efervesciencia, Deborah García Bello, - por certo, todos eles xunto con Iria, xa deron charlas no noso centro-;  dos esforzos, como a tradución da Táboa Periódica, ou da editorial Xerais coa súa colección en galego Básicos Ciencia; dos recursos que hai nas redes como www.gciencia.com ou  moléculas en galego de Javier Balea, twitter.com/moleculas, ...Foi un pracer asistir á charla de Iria falando de ciencia e ademais en galego. 

 

Iria tróuxonos un recordo do seu paso pola Facultade de Medicina

Comentarios