Celebrando o Día das Artes Galegas 2019.



Como en anos anteriores o ENDLG en colaboración co departamento de plástica realizamos actividades para celebrar  o Día das Artes Galegas. Día, 1 de abril,  no que o Mestre Mateo, no ano 1188, colocou os linteis de pedra,  que coroaban o Pórtico da Gloria. Este ano o homenaxeado foi  Luís Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979), pintor, gravador, muralista, ceramista e poeta, que xa anteriormente, en 1994,  fora agasallado co Día Das Letras Galegas.

 
Quedémonos coas súas palabras e os traballos feitos polo noso alumnado.

"En cada país existe unha realidade simbólica que se manifesta de moitos modos e que se herda. Trátase de signos e formas que vencen ó tempo e pasan de un a outro estilo. A arte dun pobo, sen querelo, actúa de axente transmisor. Esas formas e signos orixinan á súa vez outras novas, ocorre probablemente como cos contos populares e as lendas. O futuro está condicionado ó aproveitamento que fagamos hoxe coas ideas do noso tempo de aquilo que herdamos". L. Seoane

 



Comentarios