Visita Didáctica a Rianxo e á Casa Museo de Rosalía en Padrón
Onte mércores 3 de abril, o alumnado de 1º de ESO, cruzou ó outro lado da Ría para coñecer un pouco máis da historia que nos une. En Rianxo estiveron na Casa Museo do poeta do mar Manuel Antonio e logo visitaron o Museo do Mar. Alí contáronlle, entre historias de barcos, gamelas, chalanas, xeiteiras e burrriños,que a Ría de Arousa debería unir os pobos da súa ribeira en vez de ser considerada como unha fronteira.
Aproveitamos o día e tamén visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón
Comentarios
Publicar un comentario