OPINIÓNS DOS NOSOS ALUMNOS/AS SOBRE CASAS BARATAS E AS RULAS DE BAKUNIN
Casas baratas paréceme que, sen adentrarte moito nel, é un libro sinxelo que conta a vida dun rapaz; mais, creo que se vemos e sentimos a súa historia desde dentro, notamos como a sociedade e o estado político dun país poden afectar tanto a unha persoa como a un grupo delas. Sinceramente, gustoume o libro, xa que sempre me gusta saber máis sobre temas políticos, tanto da actualidade como das dictaduras. Recomendaría o libro a adolescentes, sempre maiores de 14 anos, xa que un neno non chegará a comprendelo de todo. Miguel Fernando Da Rocha Silva Eu decidín ler As rulas de Bakunin porque o título chamábame a atención, parecíame nostálxico e misterioso. Ao principio non conseguía saber en que época se situaba a historia, pero pouco a pouco o libro foime interesando máis e máis, porque ao cambiar continuamente o tempo axudábame a non perder a concentración e a estar máis atento ao transcurso da historia. Tamén me gustou o detalle da “necesidade” do protagonista d...