Certame de Banda Deseñada Enormic Banda

Xa temos na biblioteca a nova revista de Enormic Banda . Este ano vén con novos cómics, con novas historias e con novos autores. Os premiados foron Víctor Santos Filipova de 1º da ESO, coa historia "Un patoso polo bosque" ; Paula Rodríguez Somoza, tamén de 1º da ESO con "O retorno da Elixida "; e por último a alumna de 1º de bacharelato Ana Patón coas " Fedelladas de Neko ". Os nosos parabéns a estes artistas, e vós xa sabedes o que tendes que facer: ler as súas historias gráficas! Aquí os temos, rodeados de revistas, no acto de presentación e de entrega de premios que tivo lugar este ano no IES Miguel Ángel Estévez de Carril. O resto, xa sabes!, na Biblioteca.